|
Inicio -
Tempo libre - Rutas turísticas - En piragua
Rutas en piragua
O Clube de Piragüismo Firrete de Pontedeume, a través do seu recentemente creada sección “Firrete-Aventura”, pon en marcha un programa coa intención de popularizar, estender e fomentar o piragüismo facéndoo accesible á maior parte da poboación da comarca e a aquelas persoas que visiten a vila eumesa.
Estas actividades comezan no mes de abril, e están en funcionamento ata setembro.
Ademais das actividades propias do piragüismo, no club Firrete inclúense máis ofertas de cara ao lecer. Ver información na parte inferior.
Ruta en piragua pola ría de
Ares
Lugar: Ría de Ares
Duración: aprox. 2 horas e media
Obxectivo: paleo en embarcacións individuais e de equipo polas augas da ría de Ares (visitando distintas calas que hai na marxe dereita e esquerda, onde se poderán realizar xogos en piragua...)
Prezos: consultar
Ruta "Baixada turística do rio
Eume"
Lugar: Río Eume
Duración: aprox. 2 horas e media
Obxectivo: paleo en embarcacións individuais e de equipo polas augas do río Eume (primeiro en ascenso cara á Alameda, para contemplar as turbulencias e despois, descenso cara a Pontedeume)
Prezos: consultar
Rutas con saída na praia de A Magdalena (Cabanas)
(Xullo e Agosto / Sábados e domingos).
Ruta longa:
Lugar: Ría de Ares
Duración: aprox. 1 hora e media
Prezos: consultar
Ruta curta:
Lugar: Ría de Ares
Duración: 30 min.
Prezos: consultar
Para
máis información:
Clube Piragüismo Firrete
Dirección: Almacéns de Rajoy, Peirao de Pontedeume.
Teléf.: 605
236 646 - 651 149
334
Internet: www.firrete.com
< Voltar
atrás ^
Ir arriba
|