|
Inicio -
Tempo libre - Rutas turísticas - En bicicleta
Rutas en bicicleta
Existe unha variedade de tramos cos que gozar da bicicleta de montaña. Ademais da ruta de Pena Fesa, que se describe a continuación, tamén se pode ver información doutras rutas, que aínda que están englobadas na sección de Rutas
a pé, algunhas delas adáptanse perfectamente á bicicleta.
Camino de Pena Fesa (Monfero)
Esta ruta discorre polos montes da Marola e Pena Fesa, no seu maior parte por pistas forestais despexadas e estradas sen tráfico. É especialmente recomendable para realizar con nenos a partir de seis anos, que gozarán de excelentes vistas. Pena Fesa é un dos montes máis elevados da provincia
¿Cómo chegar?
Desde o Mosteiro de Monfero tomar dirección A Visura, alí virar á dereita sentido Piladaleña e continuar de fronte ata chegar a unha considerable subida. Atoparemos en primeiro lugar o final da ruta de Os cumios de Sanguiñedo, a poucos metros, outra pista de terra a man esquerda inicia o camiño de Os Cerqueiros, e logo, no alto, unha chaira a man dereita onde deixamos o coche e se inicia a ruta.
Lonxitude: 9.900 m
Dificultade: Baixa
GPS inicio da ruta: A Marola (Monfero)
43º 21,156' N
07º 59,571' W
< Voltar
atrás ^
Ir arriba
|