|
Inicio - Agradecimientos
Agradecementos
Cando un proxecto se pon en marcha existen infinidade de fontes de información das que botar man e non sempre depende dun só o conseguilas. A seguinte lista mostra empresas privadas ou organismos municipais, e por extensión as persoas que están detrás, ás que lles estou sinceramente agradecido pola colaboración prestada:
A todos os patrocinadores e anunciantes que apostaron e apostan por este proxecto.
-A Foto Ríos, pola súa achega fotográfica e colaboración en todo momento.
-A Foto Miro.
-A Confeitaría Obradoiro, pola súa colaboración para a realización da sección Gastronomía/Repostaría.
-Á Biblioteca Municipal de Pontedeume, e como non, a Alejandro Caínzos, pola súa colaboración á hora de conseguir documentación.
-Alberto Rodríguez Ferraces, pola creación das seccións Foro e Libro de visitas, e por botarme unha man con temas nos que el é especialista.
-Jesús Rodriguez (Jesroma), Lucía Penas e Pablo Penas (Thalassa), que con tanto gusto realizan a maioría das fotos que se mostran na galería de "Fotos en cor" e outros lugares da web. Grazas a eles, PontedeumeTurismo.es mostra fotografías actuais cunha calidade impresionante. Estas fotos e moitas máis se poden ver en www.pontedeumeenfotos.com. Moitas grazas polo voso apoio. Deséxovos moita sorte coa vosa web.
-Á Oficina de Turismo de Pontedeume, pola información proporcionada.
-Luís Miguel Bugallo Sánchez e Kullman. Algunhas das fotos mostradas na web foron realizadas e colgadas por eles en http://commons.wikimedia.org.
-Marisa Gabín Naveira, Jerónimo Pérez Paz e Maria Sanjiao. Algunhas das fotos mostradas na web foron realizadas e colgadas por eles en www.fotografiasdegalicia.com.
-Ao Diario de Ferrol, A Opinión da Coruña e La Voz de Galicia, por darlle cobertura ao lanzamento de PontedeumeTurismo.es.
-E como non... a SAN GOOGLE.
Agradecementos
persoais
-Á miña familia, por aguantarme día tras día resoplando e botando tronos pola boca cando as cousas non saían como un esperaba. Sempre están aí. Mamá, papá, Lú... quérovos.
-A Tami, polo seu apoio, paciencia, ánimo continuo en momentos de tensión e desilusión e por botarme unha man coa súa obxectividade. Ela sabe mellor que ninguén todo o que significa este proxecto para min. Esta web é parte dela tamén.
-A Gabriel Feal Varela, a Cecilia López Lamas, a Fran e Rosi e a Antonio Vizoso López: grazas polas vosas achegas; fóronme de gran axuda.
-A Alejandro Caínzos (Bibliotecario de Pontedeume), por aceptar a miña invitación (ou marrón, segundo se mire) para realizar o prólogo do acto de saída á luz de PontedeumeTurismo.es e facelo dunha maneira tan eficaz e profesional.
-A Jovita e Marian, do Concello de Pontedeume, por proporcionarme os medios necesarios para dar a coñecer publicamente o proxecto final e axudarme con todos os preparativos, así como por aceptar a miña invitación para presentar o acto inaugural do PontedeumeTurismo.es.
-A todos os amigos e compañeiros que colaboraron dunha ou outra maneira no bo funcionamento desta web.
- E se me esquezo de alguén concreto, GRAZAS tamén.
< Voltar
atrás ^
Ir arriba
|