|
Inicio - Romarias
Romarías
En Pontedeume, unha das cancións máis populares é unha adaptación dun tema de Manolo Escobar, a cal di "sólo te pido, sólo te pido... que me dejes tres días al año... San Miguel de Breamo y el Río ".
E é que en Pontedeume as romarías vívense con moita paixón e marcan a vida anual de todos os habitantes da Vila. Mesmo se di que en Pontedeume o verán comeza o 8 de maio e termina o 29 de Setembro, que son as dúas datas nas que se celebra o San Miguel de Breamo. A continuación explícanse en detalle as dúas romarías:
San Miguel de Breamo
(8 de maio e 29 de setembro)
Celébrase ao redor da capela de San Miguel. Tradicionalmente a ascensión ao monte faise seguindo un camiño que parte da Rúa da Fonte Nova, nas escaleiras do "Monumento", para, unha vez alí, dar nove voltas (algunhas versións indican que son tres e outras sete) á capela en completo silencio para "botar as meigas" (escorrentar as bruxas). Existe constancia documental desta romaría desde 1916.
Subida ó río Eume
(11 de setembro)
O último día das festas de "As Peras" celébrase a subida ou "xira" ao río Eume. A xente sobe tradicionalmente en botes e barcas ata o lugar da Xunqueira, onde se celebra unha comida ao son das gaitas, que se alarga ata ben chegada a noite. Despois a xente volta a Pontedeume, onde a festa continúa coa verbena nocturna.
< Voltar atrás ^ Ir arriba
|