|
Inicio - Feirón semanal
Feirón semanal
O feirón celébrase todos os sábados desde as 7.00 até as 21.00 horas. No Feirón pódese ver todo tipo de comerciantes. Carniceiros, agricultores, queseiros, apicultores, floristas, artesáns, vendedores de roupa ou de música. A diversidade de produtos que se ofrecen fan que sexa dificil irse sen adquirir algún. Ademais, entre posto e posto, sempre se pode facer un avituallamento nalgunha das terrazas do casco antigo ou nos bares de tapas da Rúa Real.

Historia do Feirón
En 1464 Enrique IV concede a celebración dunha feira en Pontedeume o último domingo de cada mes, onde acoden agricultores, gandeiros, etc. a promocionar os seus produtos. Esta feira é sen dúbida o antecedente do que hoxe en día é o Feirón.

< Voltar atrás ^ Ir arriba
|