|
Inicio - Historia
- Introdución
Introdución
A fundación de Pontedeume, levada a cabo polo rei Alfonso X o Sabio, data do 1270, durante a época na que a Vila se atopaba baixo a xurisdición do señorío da familia Andrade. A historia de Pontedeume está intimamente ligada a esta familia, pois foi a época dos Andrade a que se corresponde coa de maior esplendor e a que a que lle deu á Vila a identidade que hoxe en día posúe. Aínda así, Pontedeume viviu outras épocas anteriores e posteriores á familia Andrade que son tamén moi importantes e vitais para o desenvolvemento do pobo. Os antigos colonizadores da península Ibérica, e por extensión, da antiga zona que hoxe se corresponde con Galicia, a transición entre a Casa de Andrade e a de Lemos ou o avance territorial e demográfico da Vila son aspectos que cabe apuntar.
< Voltar
atrás
|