|
Inicio - Historia -
Os incendios
Os incendios
Ao longo da historia da Vila vanse suceder unha serie de incendios que van ter bastante importancia no desenvolvemento urbanístico da zona. Estes incendios, algúns verdaderamente catastróficos, como os de 1533 e 1607, poñen de manifesto a importancia da utilización da madeira nas construccións da época.
O incendio de 1533 debeu ser considerable, malia as escasas noticias sobre o tema, porque quedaron só 20 casas situadas á entrada da Vila, salvadas por estar contra ao vento.
Tamén foi considerable o do ano 1607, no que se sabe que arderon máis de 300 vivendas, quedando só 9 das máis pequenas. O incendio afectou á igrexa e ao concello, queimándose neste o arquivo municipal.
Así, en 1617, ábrese a praza do concello adquirindo as casas que se queimaron, e coas ordenanzas de 1619 mellórase o empedrado e o alcantarillado.
Do incendio de 1621 non se sabe nada. Seguramente, e dado que a superficie queimada non foi de alta consideración, é o que propiciou o voto a San Nicolás de Tolentino, un dos patróns de Pontedeume.
En 1892 queimáronse tres casas na travesía do Alfolí (agora Praza do Pan), onde o conceLLo aproveitou para construír un mercado, que logo sería derribado.
< Voltar
atrás ^
Ir arriba
|