|
Inicio - Historia
- Etapas históricas - A Casa de Lemos
A Casa de Lemos
Desde a fusión da Casa de Andrade coa de Lemos na persoa de Pedro de Castro e Andrade, neto de Fernando de Andrade, a vida de Pontedeume se desvincula desta familia, asentada noutro lugar. Perdidos os suministros que ésta fornecíalle, a comarca comeza a perder o seu antigo renombre e esplendor.
Trala división do reino de Galicia en sete provincias (Santiago, Tui, Lugo, Mondoñedo, Ourense, A Coruña e Betanzos), Pontedeume pasa a formar parte da de Betanzos. Entón, nos últimos tempos dos señoríos, a Vila e a súa jurisdicción áchase dividida en dúas alcaldías, cada unha das cales comprendían diversas feligresías: unha maior e outra ordinaria (dentro da que está Pontedeume). Ambas compartían unha única regencia no municipal e económico, e os seus membros eran nomeados polos Condes de Lemos, herdeiros da Casa de Andrade.
Unha vez extinguidos os señoríos seguen existindo estas dúas alcaldías, ata que se establece a actual ordenación territorial (1834), pola cal Galicia divídese en catro provincias e Pontedeume intégrase na da Coruña.
As bases da súa vida económica no século XIX son a agricultura, a pesca e a explotación madereira. A necesidade de mellorar as vías de comunicación para intensificar as relacións comerciais, determina que a Vila sufra progresivamente un importante cambio urbanístico.
Xa no século XX, o movemento agrario-regionalista (xermen do nacionalismo galego) ten unha gran difusión na Vila grazas ao labor de "Solidariedade Galega". Os seus obxectivos eran a erradicación do caciquismo, a cohesión rexional e combater o centralismo. Tamén se caracterizaba no terreo cultural pola revalorización da lingua galega como instrumento literario e de propaganda agraria; así que, cando "Solidariedade" desapareza en 1912 inspirará o labor das "Irmandades da Fala", movemento socio-cultural que identifica a esencia da personalidade de Galicia co idioma galego.
Estas "Irmandades" serán a canle organizativo do nacionalismo en Galicia ata a II República. Ao instaurarse o réxime republicano, en Pontedeume as forzas de dereita e esquerda repártense equitativamente o goberno local. Todo iso, unido a un intenso labor propagandística, eclosiona nas eleccións de 1933 e 1936 con senllas vitorias das forzas conservadoras. A partir deste momento, a evolución política da Vila limitarase a seguir a senda marcada polos acontecementos que convulsionan a vida do país.
< Voltar
atrás ^
Ir arriba
|