|
Inicio - Gastronomía
- Xornadas gastronómicas
Xornadas gastronómicas
Pontedeume
Algúns sábados, durante a celebración do Feirón celébranse degustacións de produtos galegos como mexillóns, cocido, sardiñas, requesón, etc.
Parroquia de Ombre
Nesta parroquia celebrouse entre os anos 2000 e 2006 o Día da Cereixa, que á súa vez ía unida a unha feira cabalar.
Esta festa celebrouse no seu primeiro ano nun local social da parroquia, e debido ao seu éxito, en anos posteriores pasou a celebrarse na Alameda das Fragas do Eume un ano e na Pía (na propia parroquia) durante os catro restantes, xa que cada ano o espazo escollido quedaba pequeno ao superarse as expectativas de público.
Nalgunha das edicións chegaron a venderse até 1000 kg. de cereixa e os premios entregados na feira do cabalo chegaron a ascender a 3000€.
Na actualidade, este evento xa non se celebra.
Parroquia de Centroña
Día da costela.
Día dos callos.
< Voltar
atrás ^
Ir arriba
|