Esta sección tenta mostrar Pontedeume con vida propia. Unha imaxe estática di moito, pero unha serie de imaxes en movemento pode dicir moito máis. E ademais, ambientados coa música do grupo de cantareiras eumesas Faltriqueira. Os vídeos que se mostran aquí son parte do máis representativo de Pontedeume. Divídese en dous apartados: 'Vídeos de PontedeumeTurismo.es' e 'Vídeos na rede'.
Proximamente iranse colgando máis. ¡Góceos!
Vídeos de PontedeumeTurismo.es:
Monumentos:
Neste vídeo pódense ver os monumentos máis importantes de Pontedeume. O Torreón, o Castelo de Andrade, a ponte de pedra, etc. Un aperitivo para os que queiran vir velos persoalmente.
Esta praza foi durante moitos séculos o centro da vida en Pontedeume. Non en balde, nela montaron a súa base os membros da Familia Andrade, saga de nobres que lle deron a identidade ao pobo, que aínda hoxe conserva.
O Feirón é un dos símbolos de Pontedeume, cuxo nacemento vén de moi atrás, concretamente do ano 1464, cando Enrique IV concede a celebración dunha feira en Pontedeume o último domingo de cada mes, onde acoden agricultores, gandeiros, etc. a promocionar os seus produtos.
Contemple aquí un par de vídeos dos fogos de artificio das Festas das Peras. O espectáculo é impresionante, pero nada comparable como velo en vivo. O vídeo da conta da fama que teñen os fogos das Peras, cos cales o paseo marítimo énchese todos os anos de eumeses, veciños doutros pobos e turistas.
A cucaña é unha celebración típica das Festas das Peras de Pontedeume. Cada ano, os mozos afánanse en tentar coller a bandeira que se atopa no bordo dun pau horizontal, o cal sobresae da popa dun barco. Impregnado o pau de sebo, a tarefa faise moito máis complicada. Hai ata tres oportunidades para facerse cun dos premios, sendo o máis cuantioso para o que a colla en primeiro lugar.
O 'Entroido' vívese de diferentes maneiras en moitos sitios de España, pero en Pontedeume gózase dunha forma especial. O que prima é reirse e pasalo en grande. Por iso no Entroido, saen as comparsas á rúa a cantar cancións con temáticas actuais da vila, do panorama político vixente ou de calquera tema de actualidade do momento, sempre co toque de humor que merecen. A semana do 'Entroido' finaliza co enterro da sardiña, o cal se escenifica no centro da Praza Real, onde se atopa o concello.
Sí. Aínda que pareza mentira, en Pontedeume celébrase un entroido en pleno agosto desde hai uns anos. Se en Andalucía teñen devoción pola Feira de Abril, o Rocío ou a Semana Santa, en Pontedeume temos San Miguel de Breamo, O Río e agora un Entroido de Verán. Máis non se pode pedir.
Este vídeo gravado no ano 2005 mostra Pontedeume en pleno chuvieiro. É evidente polas imaxes que Pontedeume pertence a Galicia, e en Galicia chove a maior parte do ano. Grazas a iso temos os prados verdes, as árbores frondosas e as flores no seu máximo explendor. Tamén se pode ver neste vídeo un pequeno fragmento dunha zona da Coruña.
No ano 1972 moitos dos que visitades esta web ainda non nacérades, pero neste vídeo poderedes ver cómo eran as Festas das Peras hai máis de 30 anos. Nese ano, Valentín Tornos, que representaba á personaxe de Don Cicuta, do programa "Un, dos, tres", foi o encargado de dar o pregón. O vídeo é cortesía de Manolo López.
Saída dos Mómaros e Cabezudos (Festas das Peras, 1983):
Este vídeo mostra os Mómaros e Cabezudos nas Festas das Peras do ano 1983. No vídeo pódense ver sobre todo moitos nenos, que agora xa non o son tanto, e tamén unha banda de música percorrendo as rúas. O vídeo é cortesía de Manolo López.
Grupo de baile "Orballo", de Pontedeume (ano 1983):
O Grupo de baile rexional "Orballo" é un dos máis recoñecidos en toda Galicia e sempre estivo nutrido da xuventude de Pontedeume, o que se pode apreciar neste vídeo, o cal é cortesía de Manolo López.