|
Inicio - Festas
- Festas locais
Festas locais
As Peras (do 7 ao
11 de setembro)
Son as festas por excelencia de Pontedeume. Celébranse en honra da Virxe das Virtudes e de San Nicolás de Tolentino, copatronos de Pontedeume, desde mediados do s. XIX.
O día 7 iníciase este tempo festivo con dous actos: a saída dos Mómaros -xigantes de cartón pedra- do Concello para percorrer, entre gaitas e bandas de música, as rúas do pobo e, pola tarde, coa lectura do pregón desde o balcón da Casa Consistorial.
O día 8 -festividade da Virxe das Virtudes. Celébrase unha misa solemne na súa capela e unha procesión ata a Praza de San Roque. Ao mediodía, no porto, ten lugar unha cucaña marítima que finaliza coa quéima do "galán".
O día 9 moi cedo organízase un concurso de froitas na Alameda de Raxoy, ao cal, segundo algunhas versións, estas festas patronais deben o seu nome, pois esta tradición vén de antigo. Pola tarde e desde fai xa máis de trinta anos, realízase o descenso en piragua do Río Eume.
O día 10 é a festividade de San Nicolás de Tolentino; na súa honra ofíciase unha misa solemne e faise unha procesión coa imaxe do santo en torno ao atrio da igrexa parroquial. Bendícense e repártense os "bolos de San Nicolás", ademais de renovarse o Voto de agradecemento e elixirse un novo vicario para o ano seguinte.
Esa noite hai unha sesión de fogos artificiais no porto, escenificándose un combate naval entre o Torreón e un barco que quere atacar a Vila.
O día 11, para finalizar, faise a subida ou "xira ao Río Eume" mediante botes e barcas que soben río arriba ata o lugar da Xunqueira, onde se celebra a comida popular ao son das gaitas.
Ademais dos aquí recollidos, celébranse ao longo destes días numerosos actos, co fin de conseguir a participación de todos os habitantes do pobo. As competicións deportivas, as verbenas ou os eventos culturais organizados tanto polo Concello como polas diferentes agrupacións locais, súmanse á dinámica de "As Peras".
O
Carmen (15
e 16 de xullo)
Como Vila mariñeira, Pontedeume celebra o 15 e 16 de xullo esta festividade; o segundo día hai unha procesión marítima presidida pola barca onde vai a Virxe ata a entrada da Ría.
San
Cristóbal (do
9 ao 11 de xullo)
Son as chamadas "Festas dos Taxistas", xa que éste é o gremio que está baixo a protección do santo e que organiza esta celebración. De todos os xeitos, éstas non se celebran todos os anos.
< Voltar
atrás ^
Ir arriba
|