|
Inicio - Feirón Medieval dos Andrade
Feirón Medieval dos Andrade
No ano 2010 celebrouse en Pontedeume a primeira edición do Feirón Medieval, a cal durou todo un fin de semana do mes de xullo, concretamente os días 2, 3 e 4.
Durante eses días, Pontedeume retrocedeu até o século XIV e todas as xentes da vila celebrárono participando activamente coa festa.

Nesa primeira celebración calcúlase que se moveron por Pontedeume entre 20.000 e 30.000 persoas, aínda que hai voces que calculan que máis. Todo foi un éxito, e a Comisión que se formou para a organización do mesmo quedou moi satisfeita co apoio e colaboración dos eumeses, así como coa gran afluencia de público.
 |
A Praza do Conde acolleu unha boa parte dos postos e os espectáculos |
Debido a ese gran éxito, a celebración continuará cos anos, e buscarase darlle a este evento unha identidade propia, que evite comparacións con outras festas medievais.
Desde "PontedeumeTurismo.es", e persoalmente o que escribe, Eduardo Rubianes, administrador único da web, quero compartir a alegría e orgullo que me invade por pór o primeiro gran de area para que isto se celebrase e buscar a potenciación turística do noso pobo. Aínda así, o labor realizado desde este portal turístico non chegaría a bo porto sen o traballo e esforzo de xeito conxunto doutras cinco persoas: Chus Grandal, Clara González, Andrés Nidáguila, Toci Lamas e Fernando Barallobre.

Grazas tamén ao Concello de Pontedeume, que tamén se envorcou con esta iniciativa. Os comerciantes, hostaleiros e xente particular. Grupos de música, malabaristas, cabaleiros, soldados, xente da Revolta Irmandiña. Carlos de Castro como pregoeiro oficial. A todos os que non nomeo, pero que saben que non me esquezo de ninguén. Todos eles forman parte da breve historia desta nova festa que xa é patrimonio da xente de Pontedeume.
O Feirón Medieval dos Andrade celebrarase todos os anos a primeira fin de semana de xullo.
 |
A Comisión Organizadora da primeira edición (de esq. a der.): Fernando Barallobre, Clara González, Toci Lamas, Chus Grandal, Eduardo Rubianes e Andrés Nidáguila. |
Vídeo do 'I Feirón Medieval dos Andrade' (41.30 min) (Autor: Pixelín Photo):
Na web oficial poderás ver toda a información, fotos, planos, etc.
Clic na imaxe:

< Voltar atrás ^ Ir arriba
|