
Benvidos todos a Ponte de Ume!
A vila abre os seus muros á xente de tódolos reinos!
Este ano 2011 celebraremos en Pontedeume o II Feirón Medieval dos Andrade, trala satisfacción e o éxito do ano pasado, o cal, grazas a todos os que puxeron o seu grao de area, veu a luz, provinte da escuridade máis lonxana da Idade Media.
Resúltanos grato voltar a vista atrás e debuxar un sorriso de ledicia e orgullo por termos conseguido contaxiar a toda a xente este espírito provocador de sentimentos tan sobordantes, que desde os comezos do mes de xullo de 2009, cando demos os primeiros pasos ata chegar ata aquí, respiramos desde a organización. Non fixo falla máis que ilusión para encaixar a primeira pedra no camiño polo que agora damos pasos firmemente.
Cando Pontedeume e as súas xentes se deciden a facer algo, fano!. E no que a celebracións e a festa se refire somos un referente a ter en conta. Por iso este ano, outra vez máis, contamos con todos vós para que vos involucredes en todo o que vai suceder nestas belas rúas, que farán de testemuñas mudas do voso gozo.
Saíde entón dos vosos aposentos, das vosas granxas e dos vosos obradoiros. Esta fin de semana é festa. Non haberá diferenzas entre ricos e pobres. Todos xuntos riremos e bailaremos. E como o noso pregoeiro do ano pasado, Carlos de Castro, dicía no seu pregón:
"¡Ea pues!, que haya Mercado, Feria Franca o Feirón, desde el alba al ocaso, desde el Convento al Pilón. Que corra el vino romano, la música y la pitanza. Que no haya ni pena ni asomo de añoranza. Así me lo dijeron, y así lo pregono yo."
Desexamos que todo salga perfecto e todos o desfrutedes coma o desfrutaremos nós.
Unha forte aperta!
Que comece o II Feirón Medieval dos Andrade!
Contacto: feriamedieval@pontedeumeturismo.es | www.pontedeumeturismo.es
Optimizado para IE9 - Firefox 3.6 - Google Chrome 6.0 - Safari 5.0
Diseño Web: Eduardo Rubianes Naya (eduardo.rubianes@hotmail.com)
Agradecementos especiais:
