InicioCartelPregónProgramaNovasPlano MercadoPlano AparcamentosRopa e decoracionComo decorar balconsDescargasAgradecementos
Fotos

Saúdo da Organización:

Benvidos todos a Ponte de Ume!

A vila abre os seus muros á xente de tódolos reinos!

Todos nós, de aquí e de fora, seremos estes días eumeses e sentiremos o aire que no século XIV invadía a antiga fortaleza dos Condes de Andrade. As feiras xa non serán patrimonio duns poucos, como nos tempos antigos. Hoxe, o I Feirón Medieval xa é unha realidade palpable por nobres, campesiños e cidadáns de toda clase social.

Pontedeume posúe unha historia digna de ser recordada porque dela provén o que somos na actualidade. Temos a responsabilidade de conservar o que os nosos ancestros levantaron na vila coas súas propias mans. Debemos ensinar ó mundo o patrimonio que ainda hoxe conservamos e que fan de Pontedeume e as súas parroquias un lugar a descubrir.

O I Feirón Medieval dos Andrade proporcionaranos a oportunidade de sentirnos como os nosos antepasados.

Chamámosvos a que disfrutedes, bailedes, riades e brindedes nesta festa, xa que seredes vós os verdadeiros artífices do éxito e da ledicia que queremos que se respire na vila.

Estes días poderedes contemplar fermosas mulleres, valentes cabaleiros, loitas nas rúas, akelarres, escenas insólitas, música, teatro, nenos disfrutando con xogos tradicionais e artesáns vendendo os seus obxetos chegados doutras épocas. E como non, poderedes comer e beber!

Ogallá este salto no tempo sexa do voso agrado, e agardamos poder seguir ano tras ano sorprendéndovos con cousas novas.

Grazas a todos os que, dunha ou doutra maneira, axudáchedes a que o I Feirón Medieval dos Andrade sexa unha realidade. Conseguímolo! Esta festa é de todos!

Unha forte aperta!

Que comece o I Feirón Medieval dos Andrade!