 |
O cartel é obra de Eduardo Rubianes. |
Os rapaces de ata vinte anos que estuden o segundo ciclo da ESO, Bacharelato ou ciclos formativos poden presentarse, ata o día 30 de marzo á XIX edición do Concurso de Contos Vila de Pontedeume. Trátase dun certame xa veterán no que participan escritores en potencia de todo Galicia. Pídense textos escritos en galego cunha extensión entre seis e dez folios mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara.
Establécese un único premio de 732€, que poderá quedar deserto se así o decide o xurado. De tódolos xeitos, tamén se da o caso de que a calidade dos contos faga que se destaquen accesits. Desta forma, pasan a figurar nun libro que se edita cada cinco anos cos textos premiados e os finalistas. Toca sacalo á luz en 2011, coincidindo coa XXI edición do concurso. O fallo darase a coñecer o día 17 de maio, nun acto público que se celebrará no salón de plenos do concello.
Poden aclararse dúbidas sobre as bases chamando ó teléfono 981 432 598.
O cartel desta edición é obra do eumés Eduardo Rubianes Naya, gañador de varios concursos de deseño gráfico en toda Galicia. É autor de carteis para certames como o Felipop ou as propias festas das Peras.